Boletín de suscrición á Obra Completa de RVB

Edicións Positivas lanza un boletín de suscrición á Obra Completa de Roberto Vidal Bolaño, cuxo primeiro volume sairá do prelo nos próximos días. A colección, coordinada por Xosé Manuel Fernández Castro, estará composta por seis volumes de entre 250 e 475 páxinas e terá un custo total de 178 euros. As persoas que se subscriban á Obra Completa terán un desconto do 21%, polo que o prezo total da colección será para elas de 14o euros. Era obxectivo principal da editora facer unhas obras completas moi manexables desde o punto de vista do formato e economicamente igual de asequible, motivo polo que se descartou editar cada obra de xeito independente e se optou por agrupalas nos seguintes volumes:

Volume I: Agora
Integral
Animaliños
¡Anxeliños!
Criaturas
Rastros
Saxo Tenor
350 páxinas
Prezo: 30€

Volume II: Outrora
Mar revolto
A burla do galo
Doentes
As actas escuras
Días sen gloria
Agasallo de sombras
475 páxinas
Prezo: 36€

Volume III: Antroido
Bailadela da morte ditosa
Memoria de mortos e ausentes
Ledaíñas pola morte do Meco
Laudamuco, señor de ningures
260 páxinas
Prezo: 25€

Volume IV: Androido e soliloquios
Cochos
Ruada das papas e o unto
Antroido na rúa
Touporroutou da lúa e o sol
Xaxara, Peituda, Pantogas, tarelo, o Rapaz
Sen ir máis lonxe
Caprice de dieux
Romance dos figos de ouro
290 páxinas
Prezo: 24€

Volume V: Adaptacións e transmodalizacións
A ópera de a patacón
Percival
Os papalagui
Rosalía
Xelmírez
465 páxinas
Prezo: 35€

Volume VI: Textos non dramáticos
Audiovisual
Pensamento
250 páxinas
Prezo: 25€

Completará a colección unha biografía sobre o dramaturgo escrita polo seu fillo Roi Vidal, na que se porá en relación a vida do escritor e as súas circunstancias coa obra que foi escribindo e que recollen os seis volumes.