Roberto Vidal Bolaño
Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013
- QUEN FOI
- QUE FIXO
- NOVAS
As Actas Escuras
A ocultación da verdade e a manipulación, así como o posible sentido ético e a punibilidade destas condutas son algún dos temas abordados nesta peza que remata nunha sorprendente aposta pola defensa da razón, da verdade e da beleza mundana e vital.
Rosalía
Mar revolto
Laudamuco, señor de ningures
Análise das estruturas de poder e dos seus resotes esenciais, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen.
A burla do galo
Xelmírez ou a gloria de Compostela
Doentes
Unha noite de apacible vagabundeo por Santiago de Compostela convértese nunha louca carreira pola supervivencia de dous estranos amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, e con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, pola mañá.
Rastros
Unha mirada sobre nós mesmos, fieta dende o envés. Dende o outro lado das cousas. Ese que de común se nos secuestra ou non sempre se nos deixa ver.
O desengano do prioiro
Touporroutou da lúa e do sol
Catro titiriteiros cantan, axudados por dúas ducias de bonecos, historias sobre a orixe certa da lúa e do sol e dos días e das noites, do diluvio universal, de demos que se volveron serpes e de como, ao cabo, o mellor tesouro é o dos ensoños e non hai ningún outro de máis mérito no Universo Mundo.
A ópera de a patacón
Unha ópera para mendiños, ensoñada con tanta grandura e atrevemento como só os que non teñen nada poderían ensoñar, pero resolta con tanta sinxelez ae pataconería como para que mesmo os que non teñen nada a poidan disfrutar.
Días sen gloria
Relato do Camiño Francés: un territorio no que o paradigma amor-morte se revela en atmosfera inquietante, compañeiro inseparable de quen peregrina disposto a arriscalo todo
Saxo Tenor
A historia comeza cun morto, un mozo morto de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade.
Cochos
Peripecia dun campesiño metido a albanel, emigrante a Frankfurt, que descubre a imposibilidade de integrarse nunha sociedade que o emprega temporalmente, obrigándoo a volver á súa aldea ata o seguinte verán, pero que tampouco lle permite levar algo do seu, un porquiño de cría.
Agasallo de sombras
Percival
Celebración choqueira, ceiba e maiormente irrespetuosa arredor de xestos, contos, ditos, poemas, panfletos e pintadas de Xosé Luís Méndez Ferrín, acomodadas para o teatro por Roberto Vidal Bolaño.
Touporroutou da lúa e do sol
Touporroutou da lúa e do sol é un espectáculo de títeres que fala da orixe da Lúa e do Sol e do que aconteceu no inferno cando tiveron pingueiras por primeira vez, ou de como acertar cos tesouros e se poñer a ben coas fadas, cos mouros, cos xigantes ou coas serpes que os gardan.
Ruada das papas e do unto
Ruada das papas e o unto é un happening, un verdadeiro happening. Arte que irrumpe e interrumpe o tráfico e a rutina da vida de rúa.
Bailadela da morte ditosa
Xaxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón, ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón
Reencontro coas características da farsa que máis validez mateñen de cara á creación dun espectáculo para nenos e non tan nenos, potenciando as súas posibilidades através da incorporación de elementos como as máscaras, os títeres, o son… que o achegan máis a un terreo no que o maxín xoga un papel importante.
Memoria de mortos e ausentes
Laudamuco, señor de ningures
Análise das estruturas de poder e dos seus resotes esenciais feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo dende a daqueles que o manteñen