Roberto Vidal Bolaño – Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

Roberto Vidal Bolaño

 

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

 

  • socios11Nace en Compostela a Asociación #RVB co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición.
  • slider7Nace en Compostela a Asociación #RVB co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición.
  • slider6Nace en Compostela a Asociación #RVB co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición.
  • slider5Nace en Compostela a Asociación #RVB co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición.
  • slider3Nace en Compostela a Asociación #RVB co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición.
  • slider2Nace en Compostela a Asociación #RVB co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición.
  • slider1Nace en Compostela a Asociación #RVB co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición.

 

A nosa Axenda

Este próximo ano 2013 a nosa Asociación estará especialmente activa, non só debido a que o día das Letras Galegas adicarase a Roberto Vidal Bolaño, senón polo noso especial interese en poñer en valor a obra deste autor. Dende esta sección poderás coñecer os eventos programados na súa memoria.

 

Recursos sobre o autor

Desde esta sección accederase a un arquivo multimedia de imaxes, vídeos, audios, artigos de texto e outros elementos multimedia relacionados co autor. Un espazo no que dispoñer de todos os elementos que constrúen, xunto cos seus textos dramáticos, o discurso vital e creativo de Roberto Vidal Bolaño, a súa visión do mundo.

 

Que din del

Aquí iremos compartindo todo tipo de referencias á figura de RVB. Un retrato colectivo dun autor imprescindible, dende os estudos académicos e as críticas literarias ou teatrais das súas obras ata as opinións do alumnado galego, pasando polos comentarios de todas as persoas que compartiron con el batallas e anécdotas.

 


 

A escrita de RVB
O Teatro en RVB

  • Como escritor, a súa é unha das producións máis importanes do teatro galego contemporáneo, merecedora do constante recoñecemento de xurados e crítica, aínda que non toda chegou a ser publicada e outra foino en data moi tardía, con respecto á súa estrea teatral. Roberto Vidal Bolaño estreou moito e publicou menos, según di Camilo Franco en La Voz de Galicia
    Felizmente, esta é unha inxustiza que o mundo editorial galego comeza a reparar coa publicación das Obras Completas que realizará Edicións Positivas en 2013, unha edición de Francisco Macías en seis volumes seguindo o criterio de épocas artísticas fixado por Xosé Manuel Fernández Castro no seu libro sobre a traxectoria do dramaturgo publicado por Laiovento.

  • Non faltaron xéneros nin argumentos na obra teatral de Roberto Vidal Bolaño. Comezou a escribir a mediados os anos setenta cun teatro preocupado polos símbolos e foi levando aos escenarios ao rego da realidade. Tivo unha preocupación fundamental por facer un teatro que se puidera considerar galego e que contase de Galicia, da historia e do presente. Desde Laudamuco, señor de ningures ata Criaturas hai un arco que describe a historia recente do país nunha crónica incomparable da contemporaneidade. Obras históricas como As actas escuras ou comedias de extrarradio como Animaliños. Dramas do presente como Rastros forman parte dunha historia teatral que articulou desde dúas compañías fundamentalmente, Antroido e Teatro do Aquí. A influencia de RVB foi alén dos escenarios. Impulsou un teatro de contar historias e porfiou ata conseguir unha profesionalización do sector en Galicia.

Asociarse a #RVB2013 (Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño)

Nace en Compostela a Asociación Roberto Vidal Bolaño, co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición. O colectivo está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco

Si queres formar parte da nosa Asociación, preme esta ligazón en sigue as instrucións.

(A asociación realizará un labor de coordinación entre entidades organizadoras de actividades relacionadas co Dia das Letras Galegas.)