Ficha técnica
1999, Teatro do Aquí
Autor, director e actor: Roberto Vidal Bolaño
Axudante de dirección: Rubén Ruibal
Escenografía e vestiario: Julia Brens
Fotografía: Manuel P. Rúa
Deseño gráfico: Fausto
Cobertura técnica: Kachet
Produción e distribución: Belén Quintáns
Sinopse
Un paiaso tristeiro e burlón, aqueixado de ciática, reproducindo o que fixera un bufón medieval en Notre Damme, refúxiase na catedral para poder botar a noite facéndolle a súa persoal e peculiar ofrenda ao Apóstol Santiago.
No transcurso de dita ofrenda, fará un percorrido moi particular polo que foron as súas circunstancias persoais e históricas ao longo de todos os Anos Santos Composteláns que lle cadrou vivir dende os tempos da ditadura franquista ata os de hoxendía e de como foron ou non mudando esas circunstancias.
Outra mirada máis de Roberto Vidal Bolaño sobre a historia próxima, a do noso país e a de moitos de nós, a de Galicia Sen ir máis lonxe. Esta vez, en clave de comedia algo disparatada, recuperando para o noso teatro aquel personaxe que popularizara no inesquecible Caprice de Dieux (Antollo de Deuses).