Ficha técnica
1994, Teatro do Aquí
Autoría de Roberto Vidal Bolaño sobre textos de John Gay e Bertolt Brecht
Dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño
Elenco: Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago e Ursia Gago
Produción executiva: Belén Quintáns
Xefe de produción: Manuel López
Escenografía e vestiario: Julia Brens
Monecos: Teatro do Aquí
Deseño gráfico: Fausto C. Isorna
Fotografía: Xenaro Martínez Castro
Xastra: Lola Area
Realización da escenografía: O Moucho Clerk
Loxística técnica: Kachet
Xestoría: Planning
Realización da banda sonora: Producciones del Noroeste
Sinopse
Unha ópera para mendiños, ensoñada con tanta grandura e atrevemento como só os que non teñen nada poderían ensoñar, pero resolta con tanta sinxelez ae pataconería como para que mesmo os que non teñen nada a poidan disfrutar.
A Ópera do mendiño, un libreto de Jhon Gay con música de Johann Christoph Pepuch, foi estreada no Lincoln’s Fields Theatre de Londres no 1728, cun éxito de público nada habitual no seu tempo. As claves dese éxito habería que as buscar en que, a diferencia do que era común nas óperas barrochas, Gay, gran coñecedor do submundo de Londres, non facía xirar o seu enredo arredor dun noble ou dun cortesán, senón do xefe dunha banda de ladróns, nomeado Macheath, un heroe da rúa e da cama ao que co tempo coñeceriamos como Macki navallas.
Malia ao enorme éxito obtido entón e á importancia das innovacións de Gay, terían que pasar 200 anos para que se volvera saber del e da súa ópera. E non sería ata que, producida por E. Hauptmann especialmente para esa fin, cae nas mans do poeta e dramaturgo alemán Bertolt Brecht, qeu reemprendería a súa viaxe cara a importalidade e a gloria. Bercht comprendería coma ninguén a audacia e o atrevemento do inglés, reelaborando e reformulando a ópera, en colaboración co compositor Kurt Weill, ata facer de aquela peza distante e pintoresca unha obra de grande actualidade e un dos maiores éxitos dos teatro musical deste século. A ópera dos catro cartos de Perra gorda ou de Tres chelíns, que desas e doutras maneiras se ten traducido o orixinal alemán Die Dreigroschenoper.
En menos de dez anos dende a súa estrea o 31 de agosto do 1928, en Berlín, a versión de Brecht foi traducida a case todas as linguas europeas, entrou no repertorio de numerosos teatros e chegou a América, a Rusia e a Xapón, onde no 1930 podía ser vista e oída simultaneamente en tres teatros diferentes de Tokio.
A versión que Teatro do Aquí tentou por en pé, da autoría de Roberto Vidal Bolaño, toma libremente elementos de uns e outros ilustres antecesores, moi en especial da extraordinaria novela de Brecht, A novela de catro cartos, sen máis ánimo que o de contar, en clave de comedia musical ou de “ópera para mendiños”, como o propio Brecht gostaba de lle chamar á súa, as verídicas e turbias andainas dun feixe de homes e mulleres “honorables”, tentando facer posible que aqueles valores que fixeron capitais no teatro do seu tempo tanto a un coma a outro modelo, cobren vida sobre os escenarios.
Edicións Literarias
2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume V
Outras Montaxes
2009. Escola de Teatro de A Estrada