NO CENTRO DRAMáTICO GALEGO,  TEATRO ANTROIDO,  TEATRO DO AQUí

Anxeliños

Ficha técnica

1997, Teatro do Aquí
Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño
Elenco: Roberto Vidal Bolaño, Evaristo Calvo, Anabell Gago, Xoán Carlos Mejuto, Ursia Gago
Deseño de escenografía e vestiario: Júlia Brens
Realización de vestiario: Carmen Domínguez
Deseño gráfico: Fausto C. Isorna
Fotografía: Rubén Ruibal
Maquillaxe e perruquería: Maika Rizos
Produción: Belén Quintáns
Asesoría xurídica e administración: Planing
Cobertura técnica: Kachet
Estrea: 17 de xaneiro de 1997 na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa

Premios
1998. Premios María Casares: Mellor obra, mellor texto orixinal, mellor actor secundario: Evaristo Calvo.

Sinopse

Ademáis da crónica dun peculiar pauto co demo, encarnado nesta ocasión por un fatasmagórico profesional da extorsión e o asasinato que ven de exercer o seu oficio en Chicago, Anxeliños quer propoñer unha reflexión sobre nós mesmos e sobre este presente de valores escuros e prioridades estranas. Unha comedia satánica, como sarcasticamente a subtitula o propio autor, na que cinco personaxes peculiares, no decurso dun interrogatorio policial, intentan, por medios as máis das veces disparatados, epoñer as razóns que os levaron a buscar na violencia a saída aos seus acuciantes e variopintos problemas económicos, afectivos e laborais.

Charli (Roberto Vidal Bolaño) é un cincuentón rancio, de aires chulescos e palabra acharlatanada, tal que saído do fotograma dunha película de detectives das de antes. Foi “gris” durante o franquismo, pero a el non hai Real Decreto que o volva “marrón glasé” ou “azul marengo”. Tigre (Evaristo Calvo), un ex lexionario ao que botaron do Tercio por escaso, escondido permanentemente tras do disfraz dun Cigarrón do Antroido de Laza co que intimidar aos que mercan máis do que poden pagar nos prazos acordados. Chema (Xoán Carlos Mejujo), a reprodución fotocopiada dun executivo agresivo vocacional, casado coa filla de Charli para non se ver agrosando as inxentes colas do paro. Sor Anxélica (Ursia Gago), unha monxa repoluda e malencarada disposta a gañar o ceo catequizando “chinitos” na África Ecuatorial e xestionando aas poucas rendas que á súa nai poidan aínda quedarlle. E Leti (Anabell Gago), un burdo simulacro de segredaria eficiente con pinta de pendón caro, disposta ao que sexa con tal de se poder operar duns peitos que ela cre gravemente descompensados.

O relembro dos acontecementos que os levaron alí dará lugar a unah comedia de ritmo case cinematográfico e a unha revisión lúcida e desenfadada do vello mito de Fausto, abordada dende a ironía e o humor, pero cos pés apousados nun presente recoñecible e cercano.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I

Outras Montaxes

2013, Espello Cóncavo
Elenco: Fernando Morán, Rodrigo Roel, Estívaliz Veiga, Manu Fernández e Isabel Risco

2008, Espello Cóncavo
Dirección: Arturo López
Elenco: Fernando Morán, Rodrigo Roel, Isabel Risco, Manu Fernández, Estíbaliz Veiga.

Spread the love

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *