INFANTIL,  TEATRO ANTROIDO,  TEATRO DO AQUí,  VER TODAS

Touporroutou da lúa e do sol

Ficha técnica

1982, Teatro Antroido
Autoría, dirección e luces: Roberto Vidal Bolaño
Manipuladores: Alberte de Esteban “O Roxo”, Rodrigo Roel, Roberto Vidal Bolaño
Fixeron os monifates: Alberte de Esteban e roberto Vidal Bolaño
Pintounos: Rodrigo Roel
Vestiunos: Rosa Bassave
Deseñou e fixo o teatriño: Rodrigo Roel
Voces: Alberte de Esteban, Laura Ponte, Rodrigo Roel e Roberto Vidal Bolaño
Fotografía: Tino Viz
Produción e distribución: Laura Ponte
Deseño do cartaz: Pepe Barro

Sinopse

Touporroutou da lúa e do sol é un espectáculo de títeres e abonda. Ou debera abondar. Se acaso e por aquelo de non deixar baleira a folla, dicir soamente que “val tanto pra nenos coma para vellos”. Que foi o primeiro espectáculo de títeres feito por Teatro Antorido e que, como non querían que fora o último, quixeron facelo ben. Que máis de catro cando viron os monifates quedaron aparvados. Que entre os que se manexa coa man e os que se manexan con variñas, as árbores, os castros, as antas e demais trapalladas, sacaban unhas trintaetantas cousas diferentes. Que nel se fala da orixe da Lúa e do Sol e do que aconteceu no inferno cando tiveron pingueiras por primeira vez, ou de como acertar cos tesouros e se poñer a ben coas fadas, cos mouros, cos xigantes ou coas serpes que os gardan. Que quixer quixeron que fora un paso cara adiante máis, nesa porfía por falar das cousas de todos dun xeito noso.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV

Outras Montaxes

1995, Teatro do Aquí
Autoría, dirección e liuminación: Roberto Vidal Bolaño
Elenco: Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago, Ursia Gago
Espacio escénico e vestiario: Julia Brens
Mómaros, cabezudos, marionetas, títeres e máscaras: Roberto Vidal Bolaño, Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago e Ursia Gago
Deseño gráfico: Fausto C. Isorna
Fotografía: Xenaro Martínez
Produción: Belén Quintáns
Asesoría xurídica e administración: Planing
Cobertura técnica: Kachet
Música: Kevi Aragunde

Spread the love

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *