DRAMA,  MUSICAL,  NO CENTRO DRAMáTICO GALEGO,  TEATRO DO AQUí

Animaliños

Ficha técnica

2002, Teatro do Aquí
Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño
Elenco: Mónica Camaño, Avelino González, Rubén Ruibal
Deseño de escenografía: Júlia Brens
Deseño de vestiario: Gonzalo V.
Coreografías: Teatro Bruto
Produción e distribución: Belén Quintáns
Cobertura técnica: Kachet
Axudante de dirección: Carlos Losada
Estrea: 15 de marzo de 2002 no Auditorio Municipal de Narón

Premios
2003. Premios María Casares: Mellor espectáculo, mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor iluminación.

Sinopse

Animaliños conforma, xunto con Anxeliños e Criaturas unha triloxía arredor de determinados aspectos do noso presente, vistos dende a ironía e o humor. Si en Anxeliños o obxecto da nosa mirada era o da posible pervivencia entre nós de algún dos moitos pactos co demo posible, e en Criaturas ver de detectar e poñer ao descuberto o que a razón ou a civilización puideran ter producido de monstruoso en nós, en Animaliños esa mirada diríxese á paradóxica e contradictoria relación que as sociedades da opulencia establecemos hoxe co naso entorno, e moi en especial coa natureza, á que protexemos paternalmente ao pé da nosa casa e non dubidamos en contribuir ou consentir deturbar nas dos demais.

Os perfís deses «animaliños» que pretendemos retratar, como non podía ser doutro xeito, viñéronnos suxeridos pala observación da propia realidade, poIa lectura de revistas especializadas en temas relacionados coa xardinería ou a ecoloxía, polo seguimento de programas de radio e de televisión, e pola nosa propia convivencia con eles. Unha viaxe asÍ, por suposto, non estaría o noso alcance nin foi esa a nosa pretensión, dende a trascendencia ou o rigor filosófico, senón dende o humor, a ironía, ou o sarcasmo. E dende aí é dende onde o tentamos facer, reinterpretando a realidade e a nosa relación con ela na dirección descrita, e vendo de traducir o intuido en feitos literarios e escénicos concretos, dende unha poética teatral que se quere e se sabe quen de ser propia.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I.
2002 Editorial Follas Novas.

Outras Montaxes

2013, Compañía de Teatro da USC-Lugo
Dirección e adaptación libre: Paloma Lugilde
Reparto: Aguiar, Uxía; Ares, Diego; Claro, Lili; Fernández, Natalia; Ferreira, Moncho; Folgueira, Mónica; Guada, Guillermo; Marcimiano, Aline; Miranda, Bea ; Pérez, Rubén; Rivas, Roberto; Velasco, Raquel
Técnico de luces: Alfredo Sarille
Técnico de son: Julio Corredoira
Equipo técnico: Luzsonga
Deseño cartaz e programa: TATATA
Fotografía: Mario García Herradón, Sabela Eiriz, Bruno Martínez
Web-blog: Sabela Eiriz
Adaptacións e creacións musicais: Carlos Díaz
Axudante: Manuel Veiga
Espazo escénico: Paloma Lugilde co asesoramento de Manuel Zenitram e as mans de Julio Corredoira e Óscar Lago partindo da escenografía creada por Suso Díaz para O público no 2006
Asistente de dirección e produción: Rubén Pérez Pombo

Spread the love

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *