Ficha técnica
1998, Teatro do Aquí
Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño.
Elenco: Patricia de Lorenzo, Luís Iglesia, Xoán Carlos Mejuto, Rubén Ruibal.
Música: Berrogüetto
Espazo escénico e vestiario: Julia Brens
Fotografía: Xosé Mejuto
Produción e distribución: Belén Quintáns
Deseño gráfico: Fausto C. Isorna
Cobertura técnica: Kachet
Realización de escenografía: Goyanes
Tratametno do mobiliario: Caruncho
Estrea: 19 de marzo de 1998 na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa
Sinopse
Polas características dese rastro, desas pegadas, pódese saber como e quen era o home ou animal que as deixou, cal a razón de ser do seu paso polo tempo e pola historia e cal o tempo e o devir histórico no que ese rastro foi deixado. Se é que deixou algún.
Convencidos de que o tteatro, ademais desa forma de expresión á que ningunha cultura que se queira viva pode ou debe substraerse, é tamén un valioso instrumento dende o que reflexionar sobre o presente, Roberto Vidal Bolaño sigue o rastro, a pegada, que o noso paso pola historia estamos a deixar nalgúns dos que, para ben ou para mal, contribuímos a conformar o presente. E por outro o que esa historia deixou ou pode estar deixando en nós.
O sentido da tal búsqueda, do tal rastrexo, non é tanto o de indagar nas pegadas de ninguén en concreto como o de buscar as nosas propias. As de todos aqueles que hoxe, máis ca nunca, nos preguntamos de onde vimos, por onde camiñan os nosos pasos e a onde poida que rematen levándonos.
O intento de suicidio dunha muller na flor da súa idade convoca durante o tempo no que permanece ingresada na UVI á espera dun desenlace incerto, aos tres hoems cos que compartiu os seus sentimentos, os seus soños e as súas ilusións. Ela é unha muller de volta xa de todos os camiños. E eles: un escritor de novelas ás que como lector nunca lle metería o dente. O especialista en estructura económica que vende máis electrodomésticos ao semestre. E un preso independentista membro do Exército Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. Ao longo desa tensa espera, de par que reflexionan arredor das grandezas e das miserias da súa vida en común, e do tempo no que esa vida en común se deu, relembran o que foi a súa exitencia e as razóns que levaron a cada quen a ser o que hoxe é, e a estar onde hoxe está.
Unha mirada sobre nós mesmos, fieta dende o envés. Dende o outro lado das cousas. Ese que de común se nos secuestra ou non sempre se nos deixa ver.
Edicións Literarias
2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I