Ficha técnica 1987, Uvegá Teatro Autoría: Roberto Vidal Bolaño Dirección: Vicente Montoto Reparto: Quico Cadaval, Susana Dans, Xavier Lourido, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Cándido Pazó, Rodrigo Roel, Diego Varela e Marisa Soto. Voces: Un grupo de estudiantes alemáns que andaban por Santiago (Christian Angermann, Xulia Bluhme e Hartmut Martsch) puxeron a voz da policía, da autoridade, da radio que escoitaba Sebas anunciando as mellores salchichas do mundo. Ana Cermeño e Pemón Bouzas puxeron a voz da Pirenaica. Antonio Mesa, Xesús Redondo Abuín e Joam Trillo eran os compañeiros do Sebas. Xosé Manuel Beiras e Miguel Cancio fixeron de si mesmos. A cochiña chamábase Rosiña Sinopse Cochos conta a peripecia dun campesiño…
-
-
Rastros
Ficha técnica 1998, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño. Elenco: Patricia de Lorenzo, Luís Iglesia, Xoán Carlos Mejuto, Rubén Ruibal. Música: Berrogüetto Espazo escénico e vestiario: Julia Brens Fotografía: Xosé Mejuto Produción e distribución: Belén Quintáns Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Cobertura técnica: Kachet Realización de escenografía: Goyanes Tratametno do mobiliario: Caruncho Estrea: 19 de marzo de 1998 na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa Sinopse Polas características dese rastro, desas pegadas, pódese saber como e quen era o home ou animal que as deixou, cal a razón de ser do seu paso polo tempo e pola historia e cal o tempo e o devir…
-
Mar revolto
Ficha técnica 2001, Centro Dramático Galego Autoría e deseño de iluminación: Roberto Vidal Bolaño Dirección: José Martins Elenco: Rui Jacques, Antonio Simón, Mónica Camaño, José Paredes, Rui Barbosa, Teresa Mónica, Rui Spranger Escenografía e atrezo: Marcelino de Santiago “Kukas” Vestiario: Silvia Alves Dirección musical: José Prata Estrea: 9 de xuño de 2011 no Teatro de Campo Alegre de Porto (Portugal) Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II.
-
Laudamuco, señor de ningures
Ficha técnica 1976, Teatro Antroido Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Premio Abrente 1976 Sinopse Laudamuco Señor de ningures quer ser un intento de análise das estruturas de poder e dos seus resotes esenciais, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen. Neste senso, o texto aborda como unha das características desas relacións de poder as connotacións mítico-relixiosas nas que este se arroupa e os supostos valores morais (a fidelidade, o espírito de servizo, o servilismo, etc.) que fan posible a súa existencia. A relación servo-señor que o texto plantexa dase no intre no qeu xa non…