Ficha técnica
1976, Teatro Antroido
Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño
Premio Abrente 1976
Sinopse
Laudamuco Señor de ningures quer ser un intento de análise das estruturas de poder e dos seus resotes esenciais, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen. Neste senso, o texto aborda como unha das características desas relacións de poder as connotacións mítico-relixiosas nas que este se arroupa e os supostos valores morais (a fidelidade, o espírito de servizo, o servilismo, etc.) que fan posible a súa existencia.
A relación servo-señor que o texto plantexa dase no intre no qeu xa non semellan existir razóns que puideran facer xustificable a necesidade de seguila mantendo. Un rei é destronado e condeado a morte, a revolución popular ten triunfado e noustante o seu servo máis fidel segue con el, servíndoo aínda, porque para el e por enriba de todo, segue sendo “O Rei”.
A situación límite plantexada no texto faille adquirir a este un carácter grotesco, case que choqueiro, que a montaxe quixo potenciar, tencionando que os personaxes adquiriran unha dimensión degradante, grotesca e distorsionada, esfeluxando as súas características esenciais para facelas máis recoñecibles.
Edicións Literarias
2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume III
Outras Montaxes
2001, Centro Dramático Galego
TEAR de Viana do Castelo, Portugal
Teatro Nacional de Alagoas, Brasil