• INFANTIL,  MUSICAL,  NO CENTRO DRAMáTICO GALEGO,  Roberto Vidal Bolaño

    Os Papalagui

    Ficha técnica 2001, Teatro do Aquí Versión e dirección de Roberto Vidal Bolaño Elenco: Mónica Camaño, Xavier Camba, Roberto Vidal Bolaño Espacio escénico e vestiario: Júlia Brens Música: Xavier Camba, Popular Deseño gráfico: Fausto Cobertura técnica: Kachet Loxística Espectacular Produción e distribución: Belén Quintáns Axudante de dirección: Rubén Ruibal Sinopse Os Papalagui é o nome co que os samoanos denominan ao home branco ou ao home que as divinidades polinesias anunciaron que chegaría do ceo para os salvar e facer grandes. Baixo ese epígrafe agrúpanse un feixe de reflexións verbo da civilización occidental orixinariamente escritas en lingua nativa e cuxa autoría élle atribuída a Tuiavii, xefe da tribo samoana de Tiavea.…

  • COMEDIA,  DRAMA,  INFANTIL

    Rastros

    Ficha técnica 1998, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño. Elenco: Patricia de Lorenzo, Luís Iglesia, Xoán Carlos Mejuto, Rubén Ruibal. Música: Berrogüetto Espazo escénico e vestiario: Julia Brens Fotografía: Xosé Mejuto Produción e distribución: Belén Quintáns Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Cobertura técnica: Kachet Realización de escenografía: Goyanes Tratametno do mobiliario: Caruncho Estrea: 19 de marzo de 1998 na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa Sinopse Polas características dese rastro, desas pegadas, pódese saber como e quen era o home ou animal que as deixou, cal a razón de ser do seu paso polo tempo e pola historia e cal o tempo e o devir…

  • DRAMA,  INFANTIL,  Roberto Vidal Bolaño

    Laudamuco, señor de ningures

    Ficha técnica 1976, Teatro Antroido Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Premio Abrente 1976 Sinopse Laudamuco Señor de ningures quer ser un intento de análise das estruturas de poder e dos seus resotes esenciais, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen. Neste senso, o texto aborda como unha das características desas relacións de poder as connotacións mítico-relixiosas nas que este se arroupa e os supostos valores morais (a fidelidade, o espírito de servizo, o servilismo, etc.) que fan posible a súa existencia. A relación servo-señor que o texto plantexa dase no intre no qeu xa non…